bombílido -da
bombílido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos bombílidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Mosca da familia dos bombílidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de moscas da suborde dos braquíceros que na fase adulta son grosas e cubertas dunha densa pilosidade semellando un pequeno abellón, polo que se coñecen como moscas abellón. As ás están coloreadas e algunhas especies, como a Bombylius major, presentan unha longa probóscide que lles serve para libar nas flores sen necesidade de pousar nelas.