bonapartismo

bonapartismo

(

  1. s m [POLÍT]

    Corrente política francesa partidaria da volta dos Bonaparte ao trono.

  2. s m [POLÍT]

    Categoría político-social típica de conxecturas de desorganización política ou de crise xeral, cunha lexitimidade caracterizada por un executivo de tipo cesarista e paternalista que recibe o respaldo da pequena burguesía. Este concepto foi cuñado por Marx en Der 18 Brumaire des Louis Bonaparte (O 18 Brumario de Luís Bonaparte, 1852) a partir da forma de estado instaurada por Luís Bonaparte. Posteriormente, este termo foi aplicado por autores marxistas a certos réximes plebiscitarios e carismáticos e a certas democracias autoritarias.