bonificación

bonificación

(< bonificar)

  1. s f

    Acción e efecto de bonificar.

    Ex: Recibimos unha bonificación por mor das horas extras que realizamos.

  2. s f

    Cantidade coa que se bonifica.

    Ex: A bonificación que recibiredes será de mil euros.

  3. s f
    1. Acción de pagar ou doar algo en adición ao que é estritamente debido.

      Ex: Tiven que pagar a bonificación da multa polo retraso en abonala.

    2. [DER/ADM]

      Xenericamente, minoración dos ingresos públicos admitida pola Administración. Pode presentar a forma de exención ou bonificación total e a de redución ou bonificación parcial. Estritamente significa a redución parcial dos tributos. As bonificacións poden ter como causa a incitación a cumprir rapidamente os deberes fiscais, ou tamén favorecer a determinadas persoas ou actividades. Poden afectar á base impositiva, chamándose deducións, ou ás cotas, chamándose desgravacións, así como tamén aos tipos impoñibles. A súa concesión adoita estar suxeita a medidas restritivas fiscalizadoras.

      Ex: Por mor das doazóns que fixeches, terás unha forte bonificación na próxima declaración da renda.

    3. [DER]

      Minoración dunha cantidade que se debe pagar, admitida polo acredor.

    4. [COMUN]

      Descontos adicionais que os medios negocian coas axencias e centrais de compra á hora de inserir os diferentes reclamos publicitarios.

  4. s f [ECON]

    Mellora ou vantaxe que se concede con carácter adicional nas condicións dun contrato de tipo económico. A máis corrente é a outorgada para promover o consumo dun produto, e abrangue a forma material (máis produto) ou a monetaria (desconto ou prima).

    Ex: Se pagas antes de tres meses terás unha bonificación dun 10%.

  5. s f [AGR]

    Conxunto de melloras técnicas achegadas a un terreo agrícola improdutivo ou de débil produción. Consiste na utilización óptima do potencial agrícola dunha zona, de acordo coas necesidades alimentarias ou industriais e segundo as condicións de vida da poboación afectada.

  6. s f [DEP]

    Tempo que se desconta do que se empregou para facer unha proba, como estímulo ou incentivo, principalmente nalgunhas probas deportivas.