1 bonito

1 bonito

(

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe de corpo fusiforme de ata 85 cm de lonxitude, co dorso de cor azul escura con bandas oblicuas, que diminúe en intensidade nos lados, e coa parte ventral branca. Presenta a liña lateral claramente ondulada, o pedúnculo caudal estreito e de 7 a 10 entre a segunda aleta dorsal e a caudal, e tamén entre esta e a aleta anal. Viven preferentemente nas costas tropicais e temperadas do Atlántico e no Mediterráneo, en fondos de 200-250 m, onde se alimenta de grandes crustáceos, larvas e crías de clupeidos. A súa carne é moi saborosa e máis branca ca a do atún. Prepárase do mesmo xeito ca este: á grella, con tomate, en escabeche, encebolado e ao forno. No País Vasco é ingrediente principal dalgúns dos pratos máis representativos da súa cociña: o marmitako (guiso de bonito con patacas, allos, cebola, pementón e chile) e a ventresca (bonito cocido aderezado con aceite de oliva).

  2. bonito do norte [ANIMAL/ICT]

    atún branco.

Palabras veciñas

Bonino, Emma | Bonisana | boniteiro | 1 bonito | 2 bonito -ta | Bonito Oliva, Achile | bonitura