Bonnie and Clyde
Bonnie and Clyde
[IMAX]
Produción norteamericana da década dos anos 60 dirixida por Arthur Penn e interpretada por Faye Dunaway, Warren Beatty, Michael J. Polland, Gene Hackman e Estelle Parsons. Trátase dun filme de gángsters ambientado na depresión económica americana dos anos 30. Os dous protagonistas son unha parella nova de atracadores que mesturan o romanticismo, o sexo e a violencia nunha sociedade que consideran inxusta e que se lles opón perseguíndoos. A acción transcorre ao longo dun itinerario no que se observa certa evolución nos protagonistas cun fin tráxico.