bontebok*

bontebok*
Nome científico: [Damaliscus dorcas, Fam dos bóvidos]
s m [ANIMAL]

Antílope africano, semellante ao blesbok, de cor castaña avermellada no lombo e branca no ventre, cos cornos en forma de lira. Orixinariamente vivía en gran número no sur de África, pero quedaron reducidos só a algúns exemplares que viven en estado semidoméstico nalgunhas reservas africanas.