bórax

bórax

(< lat científico borax <ár bawraq < persa boûrah)

Nome científico: [tetraborato sódico decahidratado,Na<sub> 2</sub> B<sub> 4</sub> O<sub> 7</sub> ·10H<sub> 2</sub> O]
s m [QUÍM/MINERAL]

Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo. En solución acuosa ten propiedades antisépticas. Emprégase na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes, así como en soldadura, polo seu poder disolvente dos óxidos metálicos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

Palabras veciñas

Borås | boratado -da | borato | bórax | boraxináceo -a | Borazón | borba