boréade

boréade

(< Boreas, deus do vento)

  1. s [MIT]

    Cada unha das divindades aladas nacidas de Bóreas, concretamente Cálais e Zetas. Como seu pai, eran deuses dos ventos, e a súa característica principal era a velocidade. Segundo uns autores tiñan ás nos talóns, e segundo outros no lombo. Tomaron parte na expedición dos argonautas loitando contra as harpías, que perseguían o Rei Fineo. Parece que morreron a mans de Heracles.

    Ex: As boréades trouxéronnos o vento do norte.

  2. adx [MIT]

    Relativo ou pertencente aos boréades ou ás boréades.