Boreaspis

Boreaspis
[PALEONT]

Xénero de peixes fósiles da orde dos osteostráceos, de principios do Devónico. Acadaban ata 13 cm de lonxitude, tiñan o rostro alongado e presentaban coirazas frontais triangulares e longas protuberancias óseas aos lados da cabeza.