boreliano -na
boreliano -na
(< antropónimo Borel)
-
adx
[MAT]
Relativo ou pertencente a Borel ou a un ente matemático que leva o seu nome.
-
s
m
[MAT]
Elemento dunha tribo de Borel ou, ás veces, a tribo propiamente dita.
-
aplicación boreliana
[MAT]
Aplicación entre dous espacios topolóxicos X e Y, de tal xeito que a antiimaxe dun boreliano de Y é un boreliano de X.
-
espacio boreliano
[MAT]
Espacio que se pode medir.
-
tribo boreliana
[MAT]
Tribo de Borel.