bórico -ca

bórico -ca

(< bórax)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao boro.

  2. adx [QUÍM]

    Que contén boro.

  3. ácido bórico [QUÍM]

    Ácido ortobórico. É empregado na fabricación de vidros resistentes á calor, esmaltes, en pinturas, como endurecedor do aceiro e na industria dos cosméticos; tamén como antiséptico suave e astrinxente. Forma parte de baños fotográficos. Foi empregado como produto fitosanitario.

  4. anhídrido bórico [QUÍM]

    Antiga designación do óxido de boro.

Palabras veciñas

Borhyaena | Bori, Lucrecia | boria | bórico -ca | boriena | boriénido | Borikhane