Boris

Boris
[ONOM]

Prenome masculino de orixe eslava, procedente do ruso ou do búlgaro Borís ‘loita’. Algúns autores pensan que quizais se trate dunha contracción do antigo Bogoris, derivado de Bog ‘deus’, mentres que outros cren que pode ser un nome correspondente a Bernardo. San Boris (s X-XI), príncipe de Kiev, foi asasinado e canonizado; actualmente, é o patrón da Igrexa rusa. Xa no s X este era nome de soberanos búlgaros, entre os que destaca Boris I, responsable da autonomía e evanxelización do seu país. Tamén foi nome de varios tsares rusos, entre os que sobresae Boris Godunov, sucesor de Iván o Terrible a finais do s XVI.