Borland International

Borland International

Compañía fabricante de aplicacións para ordenadores persoais fundada por Philippe Kahn e con sede en Scotts Valley, California. Os seus primeiros produtos foron Turbo Pascal, compilador moi popular lanzado en 1984 e Sidekick, conxunto de utilidades para o PC de IBM que se atopan sempre residentes e que poden ser chamadas en calquera momento, incluso en medio doutra tarefa que se está a desenvolver. Produtos posteriores inclúen compiladores para C e C++, o programa da folla de cálculo Quattro, o programa da base de datos Paradox ou a ferramenta de programación Delphi para Windows, baseada en Pascal.

Palabras veciñas

Borkou-Ennedi-Tibesti | Borkum | borla | Borland International | Borlaug, Norman Ernst | Borleffs, Jan Willem Philip | borleta