borough*
-
s
m
En Inglaterra e en Gales (Reino Unido), entidade de poboación rexida por unha carta real e dotada de autogoberno. Ten as súas orixes nos centros urbanos que durante a época medieval dependían directamente da administración real, quedando á marxe da xurisdición ordinaria do sheriff. Gozaban de autonomía e de inmunidade fiscal fronte aos señores feudais e do dereito a enviar representantes propios ao Parlamento, onde tiñan as mesmas prerrogativas cós delegados dos condados. No s XIX diversas leis (principalmente de 1835) unificaron e democratizaron as súas institucións.
-
“county borough”
En Inglaterra e Gales, entidade de poboación que ten o mesmo status ca un condado administrativo (county).
-
“municipal borough”
En Inglaterra e Gales, entidade de poboación menor ca o county borough que está comprendida dentro dun condado administrativo (county) e que envía os seus representantes ao consello dese condado administrativo.