bosing*
bosing*
s
m
[ARQUEOL]
Método de prospección xeofísica que consiste en bater o chan cun pesado mazo de madeira ou cunha vasilla chea de chumbo no extremo dun longo mango para que pase enerxía a través del. O rexistro do son resultante axuda a localizar as estruturas enterradas, xa que o ruído xordo indica que o chan non está alterado, en tanto que as gabias e os buratos ocultos baixo o chan producen un efecto máis resoante. Esta técnica quedou practicamente obsoleta debido aos avances tecnolóxicos.