1 bota

1 bota

(

  1. s f

    Calzado forte de coiro ou doutra materia que cobre o pé ata os tornecelos e ás veces tamén parte da perna.

    Ex: Non te metas naquel lameiro que vas emporcar as botas!

  2. s f [DEP]

    Calzado que se utiliza nas especialidades deportivas que demandan unha protección especial ou un determinado reforzo para os pés, como os deportes de montaña, os deportes de neve, as actividades subacuáticas e os deportes practicados en campo ou en pista.

    Ex: Meteu o gol coa biqueira da bota.

  3. botas de montar

    Calzado empregado para a equitación, que se leva enriba do pantalón e que cobre gran parte da perna.

Frases feitas

  • Apertar as botas. Meter en leas a algunha persoa.

  • Poñerse as botas. Aproveitarse.

Refráns

  • A cabeceira ten a bota e, cada vez que rebulas, molla a boca.
  • Achaque ao pelexo que sabe ao pez.
  • Cada bota cheira ao viño que ten.

Palabras veciñas

Boswell, James | Bosworth Field, Batalla de | bot | 1 bota | 2 bota | 3 bota | botado -da