bournonita

bournonita

(< antropónimo J.L Bournon,mineraloxista)

s f [MINERAL]

Tioantimoniato de cobre e chumbo, de fórmula PbCuSbS3. Preséntase en cristais rómbicos holoédricos pseudotetragonais de cor gris do chumbo e de brillo metálico. Ten dureza 2,5-3 e peso específico 5,8.