Bóveda, San Miguel de
Bóveda, San Miguel de
Mosteiro familiar e feminino que puido estar situado no Priorato (Amoeiro) e do que se descoñece a súa data de fundación. Un documento de 1173 amosa unha doazón de Fernando Oduáriz ao mosteiro de Bóveda. Outro documento de 1175 sinala o nome da abadesa que o rexentaba, Dona Maior. A mediados do s XV, o Papa Nicolao V anexionouno ao mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia. Despois ingresou na orde do Císter.