Brabante

Brabante

Provincia de Bélxica, constituída por dous territorios (divididos segundo a comunidade nacional) e pola capital do país Bruxelas. A parte flamenga ten unha superficie de 2.106 km2 e unha poboación de 1.004.692 h (estim 1997). A zona valona ocupa unha superficie inferior, 1.091 km2, repartíndose neste espazo unha poboación de 341.565 h (estim 1997). A capital, Bruxelas, forma parte desta provincia, cunha poboación estimada no ano 1997 de 950.597 h nunha superficie de 162 km2. Os tres territorios son administrados polas institucións das súas respectivas comunidades; Bruxelas, polo seu carácter capitalino, é un municipio autónomo.