bráctea
bráctea
(
-
s
f
[BOT]
-
Órgano foliáceo de estrutura máis simple cá das follas normais, e de forma, medida, coloración, etc, distintas destas e das pezas da corola. Está situado preto das flores, que nacen, a miúdo, na axila das brácteas (brácteas nais ou floríferas). Ás veces, adoptan formas vistosas e cambian os pétalos para atraer os insectos.
-
Cada unha das estruturas unicelulares que nas caroficies envolven os órganos reprodutores.
-
Cada un dos filidos máis grandes ca os normais que forman o involucro dos brións e das hepáticas talosas.
-
-
s
f
[HIST]
Folla de metal batido, moi fina, xeralmente de ouro ou prata. Usábase na Antigüidade en Oriente, en Grecia e en Roma para fabricar xoias ou para revestir obxectos.