Brancaneves

Brancaneves
[LIT/IMAX]

Personaxe feminina protagonista do conto homónimo dos irmáns Grimm, recollido en Kinder und Hausmärchen (Contos infantís e do fogar, 1812-1814). Inspirado na tradición popular, converteuse nunha das personaxes máis famosas desta obra. Walt Disney inspirouse nela para a súa primeira longametraxe de debuxos animados (1938). Unha fermosa rapaza atópase no bosque cun grupo de simpáticos ananos que a conducen á súa casa. A súa madrasta, molesta pola beleza da rapaza, disfrázase e entrégalle no bosque unha mazá que a some nun profundo sono. Só espertará grazas ao bico dun aposto príncipe.