Branisella

Branisella
[ANTROP]

Xénero fósil procedente do Oligoceno (35 M a) de Bolivia, é o máis antigo dos atopados en América do Sur. Coñecido só pola súa fórmula dentaria, que parece anticipar a que será a fórmula típica dos Platirrinos (macacos do Novo Mundo), aínda que conserva trazos que o emparentan cos Haplorrinos (semiorde que agrupa os Platirrinos e os Catarrinos do Vello Mundo) africanos, considérase un antepasado dos Platirrinos.