branqueador -ra

branqueador -ra

(

  1. adx

    Que branquea.

    Ex: Para ocultar esas manchas tes que impregnalas con algún elemento branqueador.

  2. s m [QUÍM/IND]

    Substancia co poder de branquear que actúa oxidando ou reducindo os materiais tratados con formas incoloras, formen ou non compostos solubles, e que son eliminados por lavado. Algúns deles, os branqueadores ópticos, branquean directamente por un efecto óptico. Xa na Antigüidade se coñecían as propiedades branqueadoras de certas substancias. Na Idade Media, o proceso de branqueo consistía en sucesivas inmersións dos tecidos en lixivias feitas con cinsas de diversas plantas e posterior exposición ao sol sobre a herba. Este procedemento perdurou ata o s XIX. Tralo descubrimento do cloro no s XVIII, este converteuse na base de moitos branqueadores industriais. Cara ao 1920 introduciuse como branqueador o peróxido de hidróxeno. Actualmente o branqueador máis usado é o hipoclorito de sodio (NaClO), que é a base das lixivias modernas. Outros branqueadores oxidantes son o clorito de sodio, empregado para o algodón e o papel; o cloro, usado para o papel, para a fariña e para os tecidos de orixe vexetal; e os peróxidos que, malia non ser tan branqueadores, son moi usados pola duración dos seus efectos e porque teñen unha acción menos agresiva sobre calquera tipo de soporte. No caso dos tecidos e do papel, os branqueadores deben ser eliminados unha vez conseguido o nivel de branqueo desexado, para evitar o deterioro provocado por un efecto excesivo. Exemplo de branqueadores redutores son o bisulfito de sodio e o hidrosulfito, entre outros.

  3. branqueador óptico [QUÍM/IND]

    Substancia incolora dotada de intensa fluorescencia que absorbe radiación na rexión ultravioleta e visible do espectro e que é fluorescente principalmente na rexión correspondente á cor azul. Aumenta a sensación de brancura nos obxectos amarelecidos aos que se aplica. Actualmente se utiliza para case todos os materiais téxtiles e os papeis brancos.

Palabras veciñas

brannerita | Brannon, Carmen | branqueable | branqueador -ra | branquear | branqueo | branquexar