barbier de Séville ou la précaution inutile, Le
barbier de Séville ou la précaution inutile, Le
Nome científico:
[O barbeiro de Sevilla ou a precaución inútil]
[LIT]
Comedia en catro actos, en prosa, de Caron de Beaumarchais, estreada en París en 1775. Beaumarchais creou un personaxe, Fígaro, descendente do Arlequín, de enxeño rápido e de criterio independente, que adquiriu complexidade con As vodas de Fígaro, do mesmo autor. O seu protagonista é o conde Almaviva, namorado de Rosina, rapaza con quen o seu titor ten pensado casar. Gracias ás artimañas do barbeiro Fígaro, o conde Almaviva consegue casar con Rosina. A obra foi musicada, entre outros, por Giovanni Paisiello (1782) e por Rossini (1816).