Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo
Saíu publicado en Tui en 1859. Posuíu unha frecuencia moi irregular e variada. Dende 1970 en diante fíxose unha edición bilingüe da Secredaría Xeral do Concilio Pastoral de Galicia. Non ten seccións, aínda que co tempo foron aparecendo uns apartados definidos, nin conta con colaboracións fixas. Nas últimas follas leva publicidade de actividades e artigos relacionados coa Igrexa. A partir de 1990 do s XX introduciu un sumario con seccións tituladas “Del santo padre”, “Sínodo de los obispos”, “De los obispos de Galicia”, “Cancillería-Secretaría”, “De la comunidad autónoma de Galicia” e “Anuncios”. É de interese un artigo do número 3bis, marzo de 1977, titulado “A liturxia en galego” e no que se tenta promocionar a lingua galega, animando a todos os cristiáns a que así o fagan, reclamando unha misa neste idioma en días festivos. O Concilio creou, mesmo, unha Comisión de Liturxia en galego para este labor.