brasicáceo -a

brasicáceo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás brasicáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Herba ou arbusto da familia das brasicáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas da orde das caparais, xeralmente herbáceas, de follas alternas e, a miúdo, divididas. As flores son hermafroditas e presentan catro pétalos libres e dispostos en cruz (polo que a familia tamén recibe o nome de crucíferas) e seis estames, dos que dous son máis pequenos ca o resto. O froito adoita ser en silícula ou silicua. Aínda que de distribución cosmopolita, as máis de 3.000 especies que abrangue a familia son propias das zonas temperadas. Dos 350 xéneros que ten a familia, en Galicia son comúns: Alliaria, Alyssum, Arabidopsis, Arabis, Barbarea, Cakile, Capsella, Cardamine, Cardaminopsis, Cochlearia, Coronopus, Diplotaxis, Draba, Erysimum, Hirschfeldia, Hutchinsia, Iberis, Lepidium, Malcolmia, Matthiola, Murbeckiella, Nasturtium, Raphanus, Rorippa, Rynchosinapis, Sinapis, Sisymbrium, Teesdalia e Thlaspi.

Palabras veciñas

Brasa | brasear | braseiro | brasicáceo -a | Brásidas | brasido | 1 brasil