Breitkopf & Härtel

Breitkopf & Härtel

Casa editora e impresora de música. En 1719 estableceuse en Leipzig da man de Bernhard Christoph Breitkopf (1695-1777) e en 1796 foi adquirida por Gottfried Christoph Härtel (1763-1827), quen fundaría a Allgemeine musikalische Zeitung. Dende 1945 a editorial ten unha sección en Wiesbaden e outra en Leipzig.