brevibacteriáceo -a

brevibacteriáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente as brevibacteriáceas.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da familia das brevibacteriáceas.

  3. s f pl [MONERA]

    Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por pequenos bacilos Gram-positivos, curtos e a miúdo pigmentados. Son móbiles, con flaxelos perítricos ou, máis raramente, cun único flaxelo. Poden ser aerobios ou anaerobios facultativos, pero só fermentan os azucres aerobicamente. Viven de forma saprófita no solo, nas augas continentais e no mar.