brevilíneo -a
brevilíneo -a
(< brevi- + lat linea ‘liña’)
-
adx
[ANTROP/FISIO]
Segundo a biotipoloxía italiana, biotipo dos individuos caracterizados polo feito de teren os membros curtos, o abdome máis desenvolvido ca o tórax, graxa subcutánea abundante e peso notable. Corresponde ao tipo pícnico de Kretschmer.
-
adx
[ANTROP/FISIO]
Individuos que teñen as proporcións corporais curtas con relación ao tipo ideal.