brevitas*

brevitas*
s f [LIT]

Concepto da retórica clásica que supón a expresión concisa dunha idea prescindindo de elementos innecesarios. Nos estudios clásicos de retórica sublíñase a relación entre a brevidade estilística e a sutileza, considerándoa unha virtude do discurso, e recoméndase ao orador a súa aplicación adecuada para non incorrer na escuridade e na incomprensión. A obra de Baltasar Gracián considérase paradigma da brevidade como ideal estilístico.