Brewster, lei de
Brewster, lei de
[FÍS]
Lei referida á polarización da luz por reflexión, que determina que o ángulo de polarización ϴ p, vén dado pola expresión tg ϴ p = n’/n, onde n e n’ son os índices de refracción dos medios incidente e reflector, respectivamente. Como consecuencia, o ángulo reflectido é perpendicular ao refractado.