Bricio
Bricio
[ONOM]
Prenome masculino procedente do latín Brittius/Bruttius, que pode ser ‘habitante dos Brutii’ (hoxe Calabria), derivado de Brito ‘bretón’ ou do céltico brig ‘forza’; sen embargo, non garda ningunha relación con Breixo. O espallamento deste nome na Europa medieval débese, sen dúbida, á sona acadada por san Bricio (s V), sucesor de san Martiño na sé episcopal de Tours. En Galicia existen dous topónimos que levan o nome deste santo, pertencentes aos concellos de Noia e Covelo. A súa festa celébrase o 13 de novembro.