Briones
Briones
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria da vila logroñesa de Briones, de onde tomou o nome. Estendeuse por toda Castela, Andalucía e Canarias. En Galicia estableceuse en terras de Cambados, onde emparentou con ilustres familias. As súas armas levan, en campo de goles, unha cruz flordelisada de ouro; bordo de prata, con oito estrelas de azul.