brioteca

brioteca

(< brio- + -teca)

s f [BOT]

Colección de briófitas, determinadas e ordenadas. As mostras consérvanse, secas, principalmente en bolsas de papel etiquetadas e ordenadas coma un ficheiro. Entre as briotecas máis importantes cómpre destacar a do British Museum (Londres) e a do Musée de Cryptogamie (París).