Brisas da Cruña

Brisas da Cruña
[MÚS]

Grupo de gaitas fundado en 1966 composto por Miguel A. López Paradela e Xosé Casal Vázquez nas gaitas e Manoel e Antón Ambite na percusión. Naqueles anos o grupo dedicouse a percorrer as vilas galegas co seu repertorio, composto unicamente por música tradicional, participando en diversos festivais folclóricos tamén fóra de Galicia (Bélxica, Xapón, Suíza, Nova York, etc). A agrupación inicial disolveuse quedando en solitario Miguel Anxo e Manoel Ambite. Na actualidade os seus compoñentes son os gaiteiros Miguel A. López Paradela, Héctor Ambite Rey, Roberto López Sánchez e, na percusión, Miguel A. López Sánchez, Ismael Ambite Rey, Óscar M. López Sánchez e Manoel Ambite Seixido. Obtivo o I Premio Rexional (Santiago de Compostela, 1973), o I Premio Rexional (Pontedeume, 1987) e o I Premio Rexional (Anceis, 1987). Dentro da súa discografía destacan os títulos Morriñas galegas, Ti Galiza, Treboada e Unha alboradiña.

Palabras veciñas

brisado -da | Brisán | brisar | Brisas da Cruña | Brisas del Campo Neda | Brisas Futuras | Brisas y Tormentas