Brito
Brito
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda de Portugal que emparentou con ilustres familias lusitanas e castelás. Unha das ramas pasou a Galicia, establecéndose no Val Miñor (Nigrán), en Tui e en Ponteareas. As súas armas levan escudo axadrezado de goles e prata; as nove lousas deste metal cargadas con leóns rampantes, de goles. A casa de Tui trae no seu escudo oito leóns, postos en dous paos, sobre un campo axadrezado. A casa do Val Miñor leva, en campo de prata, nove leóns rampantes de goles, postos en tres paos, de tres cada un.