Britonia

Britonia

Antiga diocese de Galicia que aparece xa no Parrochiale Suevum ou Divisio Theodomiri e que foi destruída trala invasión musulmana. As igrexas situadas en territorio asturiano foron incluídas na diocese de Oviedo e as situadas en territorio galego na Britoniense ou Dumiense, posteriormente diocese de Mondoñedo.