Bríxida
Bríxida
[ONOM]
Prenome feminino de orixe céltica (Brigit no antigo irlandés). Trátase dun nome persoal pagán, probablemente relacionado co da deusa céltica Brigantia, protectora das artes e das ciencias; o significado de Brigantia parece ser ‘a alta, a excelsa’. Outras fontes relaciónana coa antiga voz céltica briga ‘altura’, ‘elevación’, ‘poboado fortificado nun monte ou outeiro’. Tamén se considera a forma feminina de Bricio. Levan este nome santa Bríxida de Irlanda (s V) e santa Bríxida de Suecia (1303-1373), celebrada o 23 de xullo ou o 8 de outubro.