brochado
brochado
s
m
[TECNOL]
Operación que consiste en arrincar limaduras coa brocha, para obter buratos dunha sección determinada (brochado interior) ou perfís exteriores (brochado exterior). O brochado emprégase na fabricación en serie de pezas pequenas ou medianas e permite obtelas con pouco tempo de mecanización, polo xeral cunha soa pasada. O brochado interior efectúase para facer buratos cadrados ou hexagonais, rañuras para acanalados, etc; e o brochado exterior, para facer o acabado dos lados das bielas, as bocas de certas ferramentas, etc.