bromometría

bromometría

(< bromo- + -metría)

s f [QUÍM]

Procedemento volumétrico de análise de substancias redutoras baseado no uso dunha solución patrón de bromo elemental como axente valorante, oxidante (potencial normal de redución = +1,07 V). Emprégase na análise de solucións de bromo en ácido clorhídrico concentrado, en bromuro de potasio 1 M ou en ácido acético glacial, máis estables ca as solucións en auga, pero de estabilidade tamén reducida, e iso fai que a bromometría teña unha aplicación limitada. As bromometrías son levadas a termo por valoración directa ou ben por retroceso; neste caso determínase o exceso de bromo introducido. Ponse de manifesto o punto final con indicadores (laranxa de metilo, etc), que se destrúen irreversiblemente polo primeiro exceso de bromo libre. Entre as aplicacións da bromometría cómpre mencionar as determinacións de arsénico trivalente, de sales amónicos, de ácido fórmico, de glicerina, de hidroquinona, de ácido ascórbico, etc.

Palabras veciñas

bromoestireno | bromoformo | bromoleo | bromometría | bromopicrina | bromoso -sa | bromosulfoftaleína