broncita
broncita
s
f
[MINERAL]
Silicato de magnesio e ferro, de fórmula (Mg,Fe)SiO3. Pertence á serie dos piroxenos rómbicos. Preséntase en masas fibrosas, de cor tirando a marrón ou verde escuro. É elemento esencial das noritas e dos gabros.