broncolitiase

broncolitiase

(< bronco- + litiase)

s f [PAT]

Presencia de cálculos ou concrecións nos bronquios. Constitúe unha complicación secundaria dunha enfermidade granulomatosa, como a tuberculose ou a histoplasmose, ou dunha infección por fungos. Maniféstase por crises de tose, hemóptise intermitente e infeccións pulmonares e, en caso extremo, por obstrución das vías.