bronquio
bronquio
(
s
m
[ANAT]
Conduto que forma parte do aparello respiratorio dos vertebrados aéreos e que conduce o aire da tráquea aos pulmóns, e viceversa. Os bronquios principais nacen na traquea e penetran en cadanseu pulmón, dentro dos que se ramifican en bronquios secundarios, bronquiolos terminais e bronquiolos respiratorios, ata acadaren os alvéolos pulmonares. Están constituídos por unha cuberta cartilaxinosa externa e dura, unha capa muscular intermedia e un epitelio vibrátil interno rico en glándulas produtoras de mucus, encargado de expulsar as impurezas que leva o aire aspirado. Nas sucesivas subdivisións dicotómicas dos bronquios vaise perdendo a cuberta cartilaxinosa e a capa glandular.