Brontosaurus

Brontosaurus
[PALEONT]

Xénero de dinosauros da familia dos diplodócidos, de ata 22 m de lonxitude de pescozo e cola moi longos e cabeza diminuta, de non máis de 55 cm de lonxitude e con dentes longos e delgados só na parte anterior da mandíbula superior. Alimentábase basicamente de follas que alcanzaba grazas ao seu longo pescozo e a erguerse sobre as patas traseiras. Igual ca os elefantes actuais, presentaban nas articulacións dos nocellos uns engrosamentos cartilaxinosos que axudaban a repartir o enorme peso do animal. Os primeiros fósiles destes animais foron descritos co nome de Apatosaurus polo que esta forma é a denominación nomeclatural correcta. Son propios de finais do Xurásico e os xacementos máis importantes están localizados en Norteamérica.

Palabras veciñas

brontoloxía | brontómetro | brontosauro | Brontosaurus | brontotérido | brontoterio | Brontotherium