Brooklyn
Barrio de Nova York, EE UU, en Long Island, separado de Manhattan polo East River, de New Jersey polo Upper Bay e de Staten Island polo Narrow, cunha extensión de 15,5 millas de N a S e 9,5 millas de L a O. A súa poboación de 2.500.000 h está formada por 93 comunidades raciais, étnicas e relixiosas diferentes, destacando os latinos, rusos e indios. É un dos centros comerciais máis importantes do mundo e o primeiro centro mundial teatral e de espectáculos. Lugar de residencia de numerosos actores, converteuse nunha zona de alto nivel, podendo atopar 19 fortunas mundiais e oficinas de 500 empresas diferentes. Está unido mediante pontes e túneles subterráneos con Manhattan -especialmente pola ponte de Brooklyn- e Staten Island. Foi a primeira poboación permanente de Long Island, fundada en 1636 por Joris Jansen de Rapelage.