Bruce

Bruce

Familia escocesa que reinou dende 1306 ata 1371. Descenden de Robert de Bruce (morto cara ao 1094), cabaleiro normando que pasou a Inglaterra con Guillerme I. O segundo Robert de Bruce (morto en 1141) estableceuse en Escocia en 1124. O sexto Robert de Bruce (morto en 1295) foi bisneto dos reis Malcolm IV e Guillerme I. O neto deste, Robert de Bruce (1274-1329) converteuse en rei en 1306 como Roberto I. O seu irmán Edward de Bruce, morreu en 1318 mentres loitaba por ser o rei de Irlanda. O derradeiro rei escocés desta dinastía foi David II (1325-1371) con quen se extinguiu a rama directa da familia.

Palabras veciñas

bruar | bruazo | Brubeck, Dave | Bruce | Bruce, David | Bruce, James | Bruce, Thomas