brucio -cia
brucio -cia
(< topónimo Bruttium)
-
adx
Relativo ou pertencente aos brucios.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo brucio.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo da antigüidade que habitou o Brucio (Bruttium), actual Calabria. Colonizada a costa polos gregos, os habitantes do interior proviñan da Lucania, na Italia central. Aliados do Rei Pirro na loita contra os romanos, foron derrotados e sometidos no ano 272 a C. Despoxados dos seus dereitos como pobo confederado e declarados escravos do Estado, pola axuda que lle prestaron a Aníbal. A Guerra dos Escravos, do 73 ao 71 a C, arruinou o seu territorio.