brunidor -ra

brunidor -ra

(< brunir)

  1. adx

    Que brune.

  2. s

    Operario especializado en brunir.

  3. s

    Instrumento ou ferramenta (martelo de cabeza plana, pedra de ágata, punta de aceiro con mango, cepillo, rolo recuberto de protección, etc) empregado para brunir.

  4. s f [TECNOL]

    Máquina para efectuar o brunido dunha superficie, xeralmente por fricción con pedras abrasivas de gran moi fino. As brunidoras para superficies cilíndricas interiores adoitan constar dun bastidor, dunha columna e dun cabezal que transmite un movemento de rotación ao eixe vertical, que contén un mandril, provisto duns sectores de pedra abrasiva expansibles radialmente no seu extremo inferior, que se despraza axialmente cun movemento alternativo.