Bruño, Editorial
Bruño, Editorial
Empresa editorial de ámbito estatal aparecida en 1898 que posúe unha delegación territorial na Coruña. Está dirixida por Francisco Fernández Cilleruelo, David García García e José Ramírez del Hoyo. Especializada nas publicacións e nos materiais educativos complementarios para uso escolar, tenta potenciar o desenvolvemento das diferentes linguas do estado a través das súas coleccións de libros de texto e literatura. Dentro desta liña, en lingua galega cómpre destacar as edicións dirixidas á Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, amais dun apartado dedicado á Literatura Infantil e Xuvenil.