bruto -ta
(
-
adx e s
Que carece de intelixencia e de educación.
Ex: A súa bruta actitude dificulta as relacións cos demais.
-
adx e s
Que actúa utilizando a forza física.
Ex: É un rapaz moi bruto e ninguén se mete con el.
-
adx e s
Que realiza accións faltas de prudencia ou medida.
Ex: É tan bruto que quere levantar cen quilos con ese corpo pequecho que ten.
-
adx
Aplícase á cantidade de diñeiro á que aínda non se lle aplicou ningún tipo de desconto. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
Ex: As ganancias brutas da empresa superan o billón de pesetas. En bruto o seu soldo é de duascentas mil pesetas mensuais.
-
adx
Aplícase ás cousas que se conservan en estado natural sen ter sufrido ningunha modificación e aos produtos industriais que non foron purificados ou refinados. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
Ex: Extraeron ouro bruto/en bruto da mina.
-
s
m
Animal irracional, especialmente os cuadrúpedes.
-
arte bruta
[ARTE]
Denominación creada por Jean Dubuffet para definir os obxectos creados ou pintados por primitivos, nenos e dementes que non recibiran formación artística e que presentaban unhas características de inmediatez inxenua e de curiosidade casual. Dubuffet iniciou en 1947 unha colección con este tipo de obxectos, que presentou en Lausanne en 1972 e, en 1976, no Château de Beaulieu. Así mesmo, Dubuffet deu valor ao obxecto, como xa llo deran Duchamp e Picasso.
-
peso bruto
Peso total de algo incluíndo a tara, os envases, o desperdicio, etc. OBS: Tamén se emprega a construción en bruto.
Frases feitas
-
(Ser) bruto como un arado/máis bruto que un arado. Ser excesivamente bruto.